Integradora social
Apaixonada do crecemento infantil e comprometida co desenvolvemento emocional e social equilibrado da infancia e mocidade.
Despois de anos traballando en casas de acollida con nenos e nenas que perderon parte da súa infancia, tomo a decisión de dar un paso atrás. Si, un paso atrás para chegar a antesala desa perda. Traballar antes de que a situación lles faga perder nin un minuto da súa infancia, traballar nas persoas que chegarán a ser cando todavía posibilidades. Traballar coas familias que cun pouco que lles das, descobren e desfrutan do seu gran potencial.
life coach
Desfruto de acompañar as persoas no seu proceso de crecemento.
Na miña experiencia traballando con persoas, moitas veces temos que transformar patróns limitantes que teñen a súa orixe na infancia . Despois de tanto tempo traballando con persoas adultas, ter a oportunidade non só de reparar, senon de empezar pola orixe, de acadar un entorno no que o apego seguro de lugar a persoas adultas equilibradas.
Cambiamos a maneira de ver o mundo, de vernos a nos e abrimos novas posibilidades
Son unha persoa sempre disposta a participar en calquera actividade da asociación, ademais desta dedicación e entusiasmo visible, encárgome de tarefas administrativas necesarias para que os servizos da Asociación sigan en marcha.
Miña outra paixón: a cociña. Encántame compartir esta destreza nos campus e ludotecas de verán, ensinando a cociñar aos grupos infantís e xuvenís, achegándolles unha maior autonomía no fogar e unha relación saudable coa comida.
Dinámica e creativa, levo anos participando na dinamización e actividades relacionadas coa infancia e a mocidade na comarca de Morrazo.
Sempre con ganas de facer máis, de chegar a máis e mellor, uninme a este equipo con ganas de achegar, crecer e facer. Comezo esta nova etapa con anos de experiencia, moitas ideas e achegando todos os recursos persoais dos que dispoño.