Hai cousas que te marcan para toda a vida,

a máis importante:

aprender a xestionar a vida.

servizos

regulación emocional

Un neno ou unha nena queren ter ira? Queren estar enfadados/as? 

A quen lle gusta estar así? Non preferirían estar sorrindo?

Non están así por pracer, hai algo que non son capaces de xestionar incluso, as veces, nin son capaces de darse conta de que lles pasa… 

Pode ser que teñan algunha necesidade non satisfeita que nin sepan que teñen, pode ser que teñan unha frustración que veña de quen sabe onde, 

A regulación emocional comeza por comprenderse a un/ha mesmo/a, entender como funcionan os nosos pensamentos, necesidades, frustracións e emocións… para puco a pouco, non necesitar regularnos porque o que facía que nos desreguláramos perde o seu poder sobre nos

apertas
grupo3

apoio escolar

Traballamos as habilidades precisas para que ir a escola sexa vista como unha oportunidade de aprender e de medrar como persoa.

habilidades sociais

Que hai detrás dun neno ou dunha nena que non se desenrola ben socialmente?

Observamos a persoa que hai detrás deses comportamentos, valoramos múltiples variables que poden levarlles a ser menos sociables, a non ser quen de socializar ou, incluso, a que prefiran non facelo. Xeralmente, traballando a empatía, a autoestima, a comunicación, a resolución de conflictos… acadamos unha notable melloría e atallamos e previmos conductas dañinas e incluso afianzamos os fundamentos básicos para a prevención de adiccións. 

grupo
gal4.jpg

Ocio educativo

Disfruta dos periodos estivais dun modo diferente nos nosos campus multideportivos e ludotecas creativas.

coaching

Sesións persoais nas que partindo de conversas costructivas nos encaminamos cara o «estar ben» das persoas e a acadar ese «algo máis» que falta na súa vida.

Traballamos tamén o autocoñecemento e crecemento persoal xa que consideramos que para poder acompañar o crecemento da infancia, hai que estar regulado/a emocionalmente e, a ser posible, como se viñésemos dun balneario emocional.

Un espazo para ser libre de dicir o que se te pase pola cabeza sen medos, onde traballar todo o que te pre-ocupa para empezar a ocuparnos, onde descubrir a persoa que podes chegar a ser.

life, spiritual, breathing-2048978.jpg
pexels-lara-jameson-8828440

orientación familiar

Cando estas dentro do laberinto, é máis dificil ver a saída. Non é que non poidades sair, tan solo é posible que precisedes unha persoa externa que poida traballar en conxunto con vos para acadar unha vida familiar máis equilibrada.

Acompañámosvos nun proceso de coidado onde traballamos para mellorar a situación da familia con ferramentas axeitadas para cada caso concreto.

Traballamos as persoas, porque  o estar ben da familia pasa por traballar con tódalas pezas da familia… familias diversas, familias neurotipicas e neurodiverxentes… porque todas as persoas somos diferentes pero todas precisamos que nos escoiten libres de xuizos.

compartimos o que sabemos

Ofrecemos obradoiros, charlas, cursiños relacionados coa infancia e xuventude,  a persoas, grupos,  colexios e entidades públicas 

Traballamos temas que consideramos esenciais para estas idades e tamén ofrecemos talleres de regulación emocional e acompañamento para as figuras de coidado principal (pais, nais, avós, avoas, madriñas, padriños, tios tias titores titoras, mastres mestras…) e calquera persoa adulta que quera reconciliarse coa súa infancia.

Quen deixa de aprender cousas novas deixa de vivir. Seguimos e seguiremos formándonos e encántanos compartir o que xa sabemos e verificamos.

lecturer, mentor, teacher-8339698.jpg
yarn phone, communication, network-2091195.jpg

Non atopaches o teu?

Cóntanos o que necesitas e asesorámosche sobre o servizo que mellor se adapte a ti.

Cóntanos aquilo que che preocupa, o que queres resolver ou o que te gustaría que os teus fillos aprenderan… o que se te ocorra: escoitámoste!

Afianza o seu futuro dende hoxe

direción

Carr. Portela, 63, 36939 Bueu, Pontevedra

whatsapp

644 15 08 84

Email

asociacionamodino@email.com

Scroll al inicio
Abrir chat
1
Asociación Amodiño
🖐 Ola!!
En que podemos axudarche? ☺
Envíanos a túa mensaxe e responderémosche o antes posible 🔔
Ir al contenido