forma parte do cambio
participa
asóciate
Poderás acceder a tódolos nosos servizos con prezos especiais para ti.
Aproveita tódalas actividades e servizos que ofertamos



voluntariado
O voluntariado é para nós unha forma de adquirir unha experiencia. Ten un sentido, mellorar a formación, concienciar sobre algún tema social, ambiental… Entendemos que non debe ser un sistema que substitúa unha persoa traballadora asalariada.
Se decides facer voluntariado con nós, ten por seguro que faremos o que estea nas nosas máns para aportarte.


PRÁCTICAS DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE
Únete a nosa equipa e adquire unha experiencia fundamental para exercer esta labor tan bonita como fundamental. Temos outra maneira de acompañar a infancia e a xuventude. Entendemos que ademáis de entreter hai que observar, ser esa áncora que manteña a rapazada segura e con confianza.


FAI A TÚA DOAZÓN
DEIXA A TÚA PEGADA
Agradecémosche calquera doazón económica ou de material. Dentro da nosa filosofía está a intención de chegar a tódalas persoas que o precisen. Sempre buscamos a maneira de que esas persoas en risco sexan atendidas do mellor xeito posible e isto é grazas as axudas públicas, privadas e a nosa vontade de que así sexa.
Se queres compartir algo do que tes dende unha filosofía na que ninguén quede atrás, tes o noso agradecemento dende xa.

